Youth Connection – Grandvalira 2020

06 Feb 2020

A Asociación Carné Xove Andorra convoca un concurso para que 23 mozos e mozas poidan participar, de forma totalmente gratuíta, no evento “ Youth Connection – Grandvalira 2020”, que terá lugar en Grandvalira (Andorra) do 19 ao 22 de marzo do 2020.

O evento consta dunha programación de actividades de neve e actuacións musicais.
O premio inclúe: desprazamento das persoas gañadoras desde as súas cidades de orixe a Andorra, así como a volta desde Andorra ás súas cidades de orixe, aloxamento e dietas en Andorra do 19 ao 22 de marzo, acceso a todas as actividades, forfait e aluguer de material de esquí.

Requisitos:
Ter entre 18 e 24 anos, ser titular dun Carné Novo e ter nocións básicas de esquí.
Para participar debes residir en Andorra, Francia ou España nas seguintes Comunidades Autónomas: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña, Castela-A Mancha, País Vasco, Estremadura, Galicia, Canarias, Illas Baleares, Madrid, Navarra e Valencia.

Como participar?
1. Participa:  Do 31 de xaneiro ao 19 de febreiro colga un vídeo de máximo 1 minuto na plataforma do concurso e no teu Instagram co  hashtag #YouthConnection2020.
No vídeo terás que explicar por que tes que ser unha das persoas seleccionadas. Non te esquezas de mencionar a Carné Xove nalgún momento do teu vídeo.
2. Vota:  Ti elixes quen terá a sorte de vivir esta experiencia.
O 14 de febreiro abrirase a fase de votacións. Entre todas as persoas participantes seleccionaranse a aquelas persoas mozas que conseguisen máis votos por país ou, no caso de España, por comunidade autónoma.
O 28 de febreiro coñeceremos aos gañadores.

https://www.youthconnection-eyca.com/