Bolsas na Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

05 Feb 2020

A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado convoca 6 bolsas de formación de posgrao.
As bolsas teñen por obxecto o fomento da formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo, tratamento e difusión da documentación xurídica e dos fondos documentais da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado, durante un prazo de doce meses, prorrogable por outros doce.

Requisitos:
Estar en posesión dun título de licenciado/a ou de grao en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades.
Obter devandito título no ano académico 2015 ou anos posteriores.
Formación específica en materias de xestión documental, arquivística e biblioteconomía ou en materia xurídica.

A dotación das bolsas será de 1.000 € brutos mensuais.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de febreiro de 2020.
Máis información no BOE do 5 de febreiro de 2020

https://boe.es/organismo/documentos/becas_aeboe_2020_resolucion.pdf