Probas para a o título da ESO para maiores de 18 anos

05 Feb 2020

A Consellería de Educación convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.

Requisitos das persoas aspirantes:
Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Lugares de inscrición:
a) A Coruña:
- Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol:
- Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela:
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
d) Carballo:
IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
e) Lugo:
– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
f) Ourense:
– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
g) Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
h) Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
i) O Porriño:
– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
j) Tui:
– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
k) Vilagarcía de Arousa:
– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

Datas:  As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 4 de setembro de 2020 para as respectivas convocatorias.
 
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
Máis información e probas de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
Publicado no DOG do 5 de febreiro de 2020