Programas de axudas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

03 Feb 2020

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro rexistradas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de marzo de 2020
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI427A
Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2020 e en http://igualdade.xunta.gal