Elixe Galicia, estadías de ocio para a mocidade

28 Xul 2020

A Axencia Turismo de Galicia convoca o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores.

O programa Elixe Galicia, contará con catro modalidades de viaxes:

1. Vacacións en zonas costeiras, esta modalidade terá unha duración de 5 días (4 noites) en réxime de pensión completa. Inclúese o xantar día de chegada e día de saída, aloxamento en hoteis de tres estrelas ou superior situados en localidades costeiras. Mínimo de tres visitas ou actividades de medio día adaptadas ao grupo destinatario durante a súa estancia e inclúe o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.

2. Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural, modalidade que terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa e preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superior situados en poboacións que permitan a xestión dun programa adecuado para as visitas programadas.
Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante durante todo o circuíto.
Inclúe visitas culturais con relevancia histórico-artística e como mínimo unha actividade ou visita diaria sen custo adicional para o usuario e tamén o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol e os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.

3. Rutas de natureza e montaña terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa, preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superiores ou aloxamentos rurais de categoría similar.
Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante especializado durante todo o circuíto.
Dúas excursións ou actividades de sendeirismo e/ou turismo activo na totalidade da estancia e inclúe tanto o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, como os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.

4. Estadías en Balnearios terá unha duración 5 días (4 noites), en réxime de pensión completa. Aloxamentos en hoteis de dúas estrelas ou superior situados na Comunidade Autónoma de Galicia a unha distancia non superior a 20 km do balneario, talaso ou establecemento de saúde e benestar de destino.

Requisitos das persoas beneficiarias:
a) Estar empadroado en algún dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con unha antigüidade mínima de dos anos anteriores.
b) Solicitar praza para destinos distintos a súa provincia de residencia, salvo que non exista oferta nesa provincia.
c) Poder valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria, coa excepción das persoas con discapacidade nas condicións especificadas para cada colectivo.
d) Efectuar o pago do prezo estipulado.

Mozos/as menores de 30 anos:
As solicitudes para este colectivo poderán ser individuais ou colectivas no caso de que se unan ata 4 solicitudes. Os/as mozos/as que se presenten como grupo nunha mesma solicitude deberán reunir os requisitos establecidos nas presentes bases para participar nos programas.

Do total das prazas destinadas ao colectivo de mozos/as destinarase un 10 % a persoas con discapacidade, en grado igual ou superior ao 33 % que poderán ir acompañados/as doutro mozo/a menor de 30 anos que se aloxe na mesma habitación e a atención requirida na estancia poida ser dispensada polo acompañante a cuxo cargo viaxan.

Neste caso, na solicitude que se presente deberá indicarse, no seu caso, se a participación no programa será só para o solicitante, ou se se inclúe á persoa acompañante, que terá a condición de beneficiario/a.

Datas:  O programa desenvolverase por quendas ou turnos que agrupen ás persoas beneficiarias por modalidade, colectivo e tempada.

Para o ano 2020:
- Do 15 de setembro de 2020 e o 30 de novembro de 2020 para todas as modalidades e colectivos.

BORRARPREZOS1

 

 

 

 

Para o ano 2021:
- O programa executarase entre o 10 de marzo e o 30 de novembro de 2021 por quendas que agrupen as persoas beneficiarias por modalidade e colectivo coa excepción do período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro e os períodos de Semana Santa, pontes ou festivos.
- As solicitudes presentaranse entre o 1 de outubro e o 1 de novembro de 2020 nas axencias comercializadoras do programa que teñan asinado o correspondente contrato coa empresa adxudicataria do contrato.

BORRARPREZOS2

 

 

 

 

Co teu carné xove terás un desconto adicional do 5%
Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2020 e en https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/elixe-galicia

Modificación das condicións no DOG do 28 de xullo de 2020