Programas de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres dirixido á mocidade

31 Xan 2020

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións ás entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).
b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).
c) Programa de apoio aos centros de información á muller (SI427B).
d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C).

Dentro do programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres inclúese, entre outras a seguinte actuación:

Campañas específicas dirixidas a nenas, nenos, adolescentes e mocidade, para que interioricen a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes, utilizando preferentemente as tecnoloxías da información e da comunicación.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI435C
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2020.
Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2020