XVI Edición de Bolsas Europa

29 Xan 2020

A Universidade Francisco de Vitoria e Banco Santander convocan as Bolsas Europa para alumnado de 1º de Bacharelato

O programa ten como obxectivo viaxar ao máis profundo da historia, esencia e ideais da universidade, que naceu en Europa, para espertar nos seus futuros alumnos a actitude do verdadeiro universitario. Para iso, Bolsas Europa selecciona aos 50 mellores alumnos preuniversitarios de España co propósito de compartir con eles a experiencia dunha viaxe de 20 días, aproximadamente, ao redor de Europa, visitando as principais universidades e participando nun programa de conferencias, encontros con personalidades de primeiro nivel do mundo académico, político e cultural e participando en actividades culturais e de lecer.

Para poder participar en Bolsas Europa é imprescindible que o alumno interesado estea a cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar en España. O alumno deberá contactar coa persoa responsable do centro para recibir toda a información.

Os candidatos seleccionados polo seu centro deberán acceder co seu código e contrasinal, ao formulario de inscrición a través de www.becaseuropa.es

Prazo: Poderanse presentar solicitudes ata o 15 de marzo de 2020.

https://www.becaseuropa.es/