XXIII Concurso de Poesía Concello de Carral

29 Xan 2020

O Concello de Carral, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, convoca a 23ª edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.

Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.

Haberá un premio único de 2.500 €.

Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado. Os autores responsabilízanse de lle comunicar á organización, dun xeito inmediato, a concesión doutros premios acadados a partir da remisión dos orixinais.
Os traballos presentaranse por triplicado, mecanografados con dobre espazo por unha soa cara, debidamente grampados ou encadernados, e coas páxinas numeradas. Cada copia dos traballos presentarase cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor/a, coincidindo no exterior co sobre pechado que debe acompañar á obra, e que conterá no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo que incida na súa traxectoria literaria se a houbese.
As obras presentaranse na Casa da Cultura, Rúa de Paleo 17, 15175 Carral. A Coruña.

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 3 de abril de 2020.
 
Máis información:
http://www.carral.es/es/2020/01/02/convocada-la-23a-edicion-del-certamen-de-poesia-concello-de-carral/

Casa da cultura de Carral, teléfono 981 672 580.