Bolsas de posgrao e de doutoramento

29 Xan 2020

A Fundación A Caixa convoca bolsas de posgrao en Europa, en América do Norte e a zona de Asia-Pacífico, e bolsas de doutoramento en España e Portugal.

Doutoramento INPhINIT - Incoming.
35 bolsas para cursar estudos oficiais de doutoramento nos centros de excelencia acreditados co distintivo Severo Ochoa ou María de Maeztu, nos Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III e en unidades cualificadas como excelentes pola  Fundação para a  Ciência e a Tecnologia de Portugal que participan neste programa.
Peche da convocatoria: 4 de febreiro de 2020.

Doutoramento INPhINIT - Retaining.
30 bolsas de doutoramento para a mocidade investigadora de todas as nacionalidades para levar a cabo estudos de doutoramento en calquera disciplina e en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.
Peche da convocatoria: 26 de febreiro de 2020.

Posgrao en Europa.
75 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoutorais de investigación científica e técnica.
Peche da convocatoria: 30 de xaneiro de 2020.

Posgrao en América do Norte e en Asia-Pacífico.
45 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.
Peche da convocatoria: 18 de marzo de 2020.

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/becas-de-la-caixa/programas-de-becas