Microrelatos

29 Xan 2020

A Asociación Puntogal e A Real Academia Galega organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

Participación
a) Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.
b) As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.

Sobre os textos / microrrelatos
a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos.
b) O tema dos microrrelatos é libre.
c) Cada participante poderá presentar un único microrrelato.
d) As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído) en letra Arial 12 e 1,15 puntos nas interliñas.
e) Presentaranse en formato .doc ou .docx.

Normas sobre o envío de textos
a) Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao enderezo actividades@academia.gal
b) No correo deber figurar como asunto: Certame de microrrelatos.
Infantil/Xuvenil/Adultos (a categoría que corresponda), e aompañarase de dous documentos (A e B) en formato .doc ou docx.
- Documento A. Nomearase co Título do microrrelato. Conterá o texto do microrrelato sen sinatura e baixo un pseudónimo.
- Documento B. Nomearase do seguinte xeito: Título do microrrelato-Pseudónimo. Conterá o título do microrrelato, o pseudónimo e mais datos da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico, teléfono e copia dixital do DNI.
c) No caso de que a persoa concursante sexa menor de idade, xuntarase a maiores unha autorización asinada polo pai, a nai ou o/a titor/a legal cos seus datos correspondentes. A autorización pódese descargar en http://asociacion.dominio.gal/documentos/

O prazo para a presentación de textos estará aberto desde o sábado 1 de febreiro de 2020 ata as 23:59 horas do sábado 29 de febreiro de 2020.

Categorías
Infantil: ata 11 anos
Xuvenil: de 12 a 17 anos
Adultos/as: de 18 anos en adiante

Premios
a) Distribuiranse tres premios por cada unha das categorías Infantil
- Primeiro premio: Lego Boost, un lote de libros infantís e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: unha tableta, un lote de libros infantís e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros infantís e merchandising de PuntoGal.
Xuvenil
- Primeiro premio: Play Station 4, un lote de libros xuvenís, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: Kindle, un lote de libros xuvenís, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.
Persoas adultas
- Primeiro premio: Un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Segundo premio: un Kindle 6wifi negro ou modelo similar, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Terceiro premio: un lote de libros da Real Academia Galega, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.


Máis información en www.academia.gal  e www.asociacion.gal