III Premio Roberto Vidal Bolaño

29 Xan 2020

O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan o III Premio Roberto Vidal Bolaño.

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato e coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.

BASES:
- Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega.
- As obras serán de temática e extensión libre, aínda que hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos.
- Cada autor poderá presentar máis dunha obra.

O premio constará de 2.000 euros, suxeitos ás retencións fiscais correspondentes, e que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría, un diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da Editorial Galaxia. Para tal efecto a editorial asinará co gañador ou gañadora o correspondente contrato de edición.

O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 15 de abril de 2020.
Enviaranse catro copias da obra, debidamente encadernadas, xunto cun sobre cos datos do autor/a.
O envío das obras farase a través de correo postal ao enderezo:
  Premio de Teatro Roberto Vidal Bolaño
  IES Ribeira do Louro
  Rúa Ribeira s/n
  36410 Torneiros. O Porriño
  Pontevedra

A obra gañadora darase a coñecer no mes de xuño de 2020. Farase entrega do premio nun lugar que se convirá, para tal efecto, na última semana dese mes.

http://editorialgalaxia.gal/iii-premio-roberto-vidal-bolano-2020/