Bolsas de formación da Fundación Galicia Europa

28 Xan 2020

A Fundación Galicia Europa convoca cinco bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, tanto na súa sede de Santiago como na sede de Bruxelas.

Bolsas:
a) Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
Unha delas desenvolverase na oficina da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.

b) Unha bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos, con destino na oficina de Bruxelas.

c) Unha bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo con destino na oficina de Bruxelas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770N
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2020.

Máis información nos anuncios do DOG do 28 de xaneiro de 2020 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/