Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas

28 Xan 2020

A Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2020 as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o o 28 de febreiro de 2020.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2020 e en http://mediorural.xunta.gal

* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os 18 anos e non teña cumpridos máis de 40 anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.