Cursos de idiomas en Europa durante o verán

28 Xan 2020

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2020, do alumnado universitario matriculado no curso 2019/20 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia co obxecto de coñecer a lingua dese país.

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2020, ambos incluídos.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 €.

Requisitos:
- Estar matriculado no curso 2019/20, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en data 30 de setembro de 2019, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
- O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de marzo de 2020.
As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2020 e en orientacion.sug@edu.xunta.es