Por quinto ano consecutivo o Concello de Tomiño organiza a Semana da Educación para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular, acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación, de forma totalmente gratuíta. Ademais, contarán con servizo de gardería de balde para todas as persoas que o indiquen na inscrición.
Este ano contan coa participación de Juan Llorca, Lola López Mondéjar, Pepa Horno e Víctor Arufe.
Consulta toda a información sobre as/os relatoras/os e as conferencias a través da seguinte ligazón, onde tamén poderás inscribirte a través do formulario que aparecerá facendo clic en "INSCRÍBETE!": https://tomino.gal/semana-da-educacion-2020
O prazo de inscrición estará aberto até o 31 de xaneiro, pero é recomendable realizala canto antes debido a que as prazas son limitadas.