Fomento do uso das enerxías renovables

23 Xan 2020

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións para proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e o fomento do uso das enerxías renovables:

1. Proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:
Biomasa, o 2 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
Xeotermia, o 4 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
Solar térmica, o 4 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
Aerotermia, o 6 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 1 de xullo de 2020 para todas as tipoloxías de proxectos.
Solicitudes: As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación). O código do procedemento é o IN421P

2. Proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares.
As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras exclusivamente por vía electrónica co formulario IN421O
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo as 9:00 horas e finalizará o 1 de xullo de 2020.

3. Creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares
O prazo de presentación das solicitudes de axudas será de 1 mes contado desde a adhesión das entidades colaboradoras, co procedemento IN421I

Máis información no DOG do 23 de xaneiro de 2020, en www.inega.gal  e no teléfono 981 54 15 00.