II concurso de curtos “A mocidade #ante o 8M”

22 Xan 2020

O Departamento Confederal de Mocidade de USO lanza o II concurso de curtos “A mocidade #ante o 8M”

Os curtos presentados versarán sobre temas relacionados con micromachismos, feminismo, teito de cristal, igualdade de oportunidades... ou baixo a idea “A mocidade #ante o 8M”.

Os vídeos deberán estar en horizontal, formato Full HD para que poidan ser reproducidos en diferentes dispositivos.
A duración do curto non poderá ser superior aos 150 segundos sen incluír os créditos.
Os curtos deberán ter uns créditos nos que se especifique o nome e apelidos da persoa que exerce a dirección, nome e apelidos das persoas que aparecen no curto, lugar de realización, colaboracións externas (se houbese) e todo o que fixo posible que ese curto levase a cabo.

Cada concursante pode enviar un máximo de dous curtos.
Deberán facelo á dirección de correo electrónico  pablo.trapero@uso.es, ou ben envialos por correo postal nun “pendrive” á atención do Departamento Confederal de Mocidade, asunto “Concurso de Curtos” á seguinte dirección:
Praza de Santa Bárbara 5, 6ª planta
28004 Madrid
Xunto co curto, cada concursante deberá achegar os seguintes datos: nome e apelidos,  pseudónimo se ten, domicilio, localidade e código postal, teléfono de contacto, correo electrónico e breve descrición do contido do curto. O non incluír algún dos datos expostos no anterior parágrafo supoñerá de maneira automática a  desclasificación no concurso.

O prazo de admisión de curtos será ata o 23 de febreiro de 2020.

Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen.
As persoas protagonistas do curto deberán ser persoas mozas, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. É necesario que as persoas menores de 18 anos acompañen o curto cunha autorización asinada por parte dunha persoa maior de idade.

Dotación
O premio consistirá en 300€ para o vídeo gañador e dous premios de 100€ para dous accésits. Ademais, o xurado poderá propoñer tantos accésits con diploma acreditativo como a calidade dos traballos recibidos requírao.

https://www.uso.es/wp-content/uploads/2019/11/BASES-II-CONCURSO-DE-CORTOS.pdf