Premio Especial Carballo de 2017. Autor: Simone Maestra. Premio Especial Carballo de 2017. Autor: Simone Maestra.

XXII Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

21 Xan 2020

O Concello de Carballo convoca a XXII Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm)
Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

Premios:
Primeiro premio: 1.500 € e diploma.
Segundo premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.    

Presentación:    
As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo.
Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.
É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte.
Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:
Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a.
Solicitude de participación na que conste:
Pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s.
Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc.
Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.

O prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 16 de marzo de 2020.

Máis información no BOP da Coruña do 20 de xaneiro de 2020 e en http://www.carballo.org