Galiciencia 2020

21 Xan 2020

Galiciencia é unha feira científica co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral.
Celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia os días 6, 7 e 8 de maio de 2020 en horario de 10h a 13 h e de 15h a 18h, a excepción do venres que será en horario de mañá.

O obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas de todas as idades con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que a Tecnópole pon á súa disposición durante tres días. Tanto eles como os visitantes teñen ocasión de participar tamén nos talleres, espectáculo científico, concursos e outras actividades paralelas que se renovan en cada edición.

PARTICIPACIÓN
Pódese participar en Galiciencia de diferentes modos (dun, varios ou todos):

1. Como protagonistas na Exposición de Proxectos
Os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira e co apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explican ao público visitante. A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m con tarima e moqueta, iluminación, cadro individual e unha regreta, cunha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin, que contará con conexión a internet a través de wifi.

2. Como visitantes
Os estudantes e docentes pertencentes a centros de ensino de toda Galicia asisten á exposición de proxectos e participan de forma activa no resto das actividades programadas durante a Galiciencia:
- 3 talleres didácticos relacionados coa temática elixida para o ano en curso.
- 2 talleres específicos para Primaria e Educación Especial.
- 1 espectáculo de ciencia: con sesión de vídeo en streaming para facilitar e ampliar o alcance do proxecto.

3. Como Participantes nas actividades previas á Galiciencia
Goza de calquera das actividades ou de todas elas se queres.

1. DESAFÍO ¡ATRÉVETE COA INNOVACIÓN DO FUTURO!
Dirixido a estudantes pertencentes a centros de Galicia dos últimos cursos de Primaria (4º, 5º e 6º), Secundaria e Bacharelato, que conformarán as tres categorías a través das cales se pode participar.
O concurso constará de dúas fases:
- 1ª fase non presencial, que constará de tres desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico para a súa valoración.
- 2ª fase presencial, constará dun desafío final que terá lugar o último día de Galiciencia de 11:00-12:00h e na que participarán os tres grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase, e da que sairán os gañadores absolutos por categoría.

2. CONCURSO DESEÑO CAMISETA:  https://www.galiciencia.com/camiseta.html
Debuxo para a camiseta oficial de Galiciencia dirixido a estudantes de Primaria e Educación Especial.

3. CONCURSO FOTOGRÁFICO:  https://www.galiciencia.com/fotografia.html
Dirixido a estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP e docentes, ambos os dous relacionados coa temática de celebración da Galiciencia.

https://www.galiciencia.com