Subvencións en materia de mocidade na provincia de Ourense

17 Xan 2020

A Deputación de Ourense convoca un Programa de cooperación en materia de mocidade para os concellos da provincia.

A finalidade deste Programa é contribuír ao financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes a Entidade Local Menor de Berán en prol da mocidade ao longo do exercicio 2020.

Contía das subvencións:
A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 6.000 €.

O prazo de presentación se solicitudes estará aberto ata o 17 de febreiro de 2020.
Máis información no BOP de Ourense do 17 de xaneiro de 2020