Certame de podcasts en galego, Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos

16 Xan 2020

Convócase o II Certame de podcasts en galego, Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte nas Ondas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, a EASD Mestre Mateo, a Radio Galega, a Real Academia Galega, a Fundación Antonio Fraguas e o Parlamento de Galicia.

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 11 a 18 anos, tanto de educación primaria (de 6º curso) como ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados co patrimonio literario de Galicia e Portugal e coas súas figuras relevantes, tales como o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Os podcasts irán acompañados do texto que serviu de base para a súa elaboración.

Admitiranse solicitudes de participación ata o 28 de febreiro de 2020. O prazo de presentación de orixinais rematará o 17 de maio de 2020.

BASES