Concurso de Curtas Senda dos Faros

16 Xan 2020

Política Lingüística e Educación convocan o Concurso de Curtas Senda dos Faros

Poderá participar con vídeos en lingua galega dunha duración máxima de 5 minutos o alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos: ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio.

Establécense tres premios para as tres mellores curtas (que inclúen a asistencia á proxección no festival de Cans), así como premios á mellor actriz, ao mellor actor e especial do público.

O docente responsable dos vídeos galardoados co 1.º, 2.º e 3.º premio recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

O prazo para solicitar a participación no certame estará aberto ata o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020.

O concurso ten como obxectivos:
- pór valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda dos Faros
- dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa
- promover unha imaxe positiva e actual do galego por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación
- favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes
- fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas

Mási inforamción na web de Política Lingüística