1 m2 polos ríos, encoros e pantanos

16 Xan 2020

Proxecto Libera abre unha convocatoria do 7 ao 15 de marzo de 2020 para poder limpar as nosas contornas naturais grazas á Ciencia Cidadá en “1 m2 polos ríos, encoros e pantanos”.

O proxecto "LIBERA, unidos contra a  basuraleza" nace no ano 2017 para frear as consecuencias  do lixo abandonado nos espazos naturais, a basuraleza, nos diferentes ecosistemas españois. Foi creado pola ONG ambiental decana de España, SEO/ BirdLife, en alianza con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases.

O obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que podamos, desta maneira, liberar moita máis vida en favor da biodiversidade. Para iso, desde LIBERA expoñen unha abordaxe integral do problema, en tres eixos de acción: coñecemento, prevención e participación.

Podes solicitar a túa participación na súa páxina web: https://proyectolibera.org/