Convocatoria para a JM Jazz World Orchestra 2020

16 Xan 2020

A Convocatoria para a JM Jazz World Orchestra 2020 é un proxecto lanzado por Jeunesses Musicais International para dar oportunidades a mozos/as músicos de todo o mundo para formar parte de sesións de formación e talleres para finalmente formar parte dunha xira como membros da Orquestra de Jazz JM.

A sesión terá lugar no verán de 2020. A sesión consistirá nunha semana de ensaio seguido de 7 a 10 días de xira de concertos e festivais. Baixo a supervisión do líder artístico Luís Bonilla (USA), de Costa rica e criado en California, trombonista, compositor e arreglista musical.

Requisitos:
Músicos de entre 18 e 26 anos que toquen o saxofón, o trombón, a trompeta, o corno, a tuba, a guitarra, o baixo, a batería, a percusión, o piano e a voz.

Prazo: Poderanse presentar solicitudes ata o próximo 1 de marzo de 2020.

Solicitude:
Para realizar a solicitude hai que encher o formulario de solicitude da páxina web e achegar os seguintes documentos:
- O Currículo actualizado con información sobre formación e experiencia no ámbito da música, e máis concretamente, dentro do jazz.
- Unha carta de recomendación escrita por un profesor de música ou similar.
- Unha declaración formada por ti mesmo, pais, unha institución universitaria, escola ou Membro do JMI indicando que os gastos de viaxe serán cubertos.
- Ligazóns a vídeos tocando polo menos dúas pezas diferentes: un tema e unha improvisación.

https://www.jmjazzworld.com/apply