Campamento Espacial Europeo

16 Xan 2020

A Universidade de Oslo convoca o Campamento Espacial Europeo 2020 que terá lugar do 2 ao 9 de agosto de 2020 en Andøxa Rocket Range, Noruega.

O campamento desenvolverase en inglés e está dirixido a estudantes de secundaria, de idades comprendidas entre os 17 e os 20 anos, que estean interesados preferentemente na Física Espacial e de foguetes, e que posúan unha formación en Física e Matemáticas.

Os participantes pasarán unha semana facendo experimentos técnicos relacionados cunha campaña de foguetes, traballando como verdadeiros científicos, aprendendo a explotar o coñecemento que xa posúen e ampliando a súa comprensión da ciencia aplicada. Traballando en grupos, terán que usar a súa creatividade e aprender a cooperar. O programa inclúe actividades prácticas relacionadas co lanzamento dun foguete, conferencias e actividades sociais.

Requisitos:
- Ter entre 17 e 20 anos (nacer entre o 1 de xaneiro do ano 2000 e o 31 de decembro do ano 2003).
- Ter fluidez ao falar en inglés e ter paixón pola ciencia.

Como realizar a solicitude?
Para realizar a solicitude é necesario ser seleccionados para recibir unha bolsa de participación (máis información aquí).
Dependendo do tipo de bolsa recibida, o traslado ao campamento pode non estar incluído, pero o resto de gastos si.

Para realizar a solicitude é necesario crearse un perfil na páxina web e acceder ao formulario de solicitude dentro do perfil. Haberá que contestar a cinco preguntas curtas, achegar unha copia do Currículo, dúas cartas de recomendación e unha copia do expediente académico así como unha proba de ter un gran dominio da lingua inglesa.

Prazo: Poderanse presentar solicitudes ata o 1 de abril de 2020.

Máis información: https://es-es.facebook.com/pg/europeanspacecamp/about/?ref=page_internal

http://www.spacecamp.no