Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre en Teis, Vigo

15 Xan 2020

A Escola de Tempo Libre Xaruma convoca un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre en Teis, Vigo

Lugar:  Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
Datas:  8 de febreiro – 3 de maio de 2020
Horario:  Sábados e domingos de 9 a 14 e de 15 a 20.  
Prezo:  235 € socios/as e persoas en desemprego; 250 € tarifa ordinaria
Requisitos:
- Título de monitor/a de actividades de tempo libre
- Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.
- Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral ou contratos. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a.

Máis información:
698 175 266
escola@xaruma.org
http://xaruma.org/dtl/