European Youth Event, EYE 2020

15 Xan 2020

O Parlamento Europeo abre as portas da súa sede en Estrasburgo (Francia) e convida á mocidade de toda Europa a participar os días 29 e 30 de maio de 2020, nun evento multicultural no que miles de mozos e mozas poden facer oír a súa voz e as súas propostas.

Cada dous anos, o European Youth Event (EYE) reúne a miles de mozos de toda a Unión Europea e máis aló para compartir e dar forma ás súas ideas sobre o futuro de Europa. É unha oportunidade única para que a mocidade se reunan entre si e con quen toma as decisións no corazón da democracia europea.

Como participar?

O programa do  European  Youth  Event (EYE) 2020 conta cun gran abanico de actividades nas que poderán participar a mocidade de entre 16 e 30 anos pertencentes a calquera Estado membro da Unión Europea ou país europeo.
Para rexistrarse, debes formar un grupo de mínimo 10 persoas.
Requírese que os líderes de grupo rexistren o seu grupo canto antes para permitir que os membros do grupo teñan tempo suficiente para rexistrarse individualmente.
A data límite para inscricións é o 29 de febreiro de 2020. A participación no EYE 2020 é gratuíta, aínda que os participantes deben organizar e custearse a súa viaxe e o aloxamento en Estrasburgo.

Tamén podes unirte ao equipo de máis de 300 voluntarios/as en EYE 2020. Ser voluntario brindarache experiencia laboral no Parlamento Europeo e darache a oportunidade de coñecer a mozos motivados e comprometidos con Europa.


Como participar no Evento Europeo da Mocidade      

Como ser voluntario no Evento Europeo da Mocidade