Cartel gañador da edición 2019 Cartel gañador da edición 2019

Concurso de carteis da 40 edición da Feira do Grelo das Pontes

14 Xan 2020


O Concello das Pontes de García Rodríguez convoca un un concurso para elixir o cartel e a imaxe publicitaria da 40 Feira do Grelo 2020, que se celebrará os días 22 e 23 de febreiro de 2020.

Tema:
- O tema das obras presentadas deberá facer referencia á Feira do Grelo das Pontes. Estará destinado a ser utilizada
como imaxe oficial desta na campaña de divulgación e publicidade en prensa.
- Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, non presentados a outros concursos.
- Todos os elementos do cartel deberán ser orixinais, excepto os logos do Concello de As Pontes.

Características técnicas:
- Os carteis poderán ser realizados mediante calquera técnica ou procedemento, pero deberán presentarse en formato
e soporte dixital.
- Como é obrigatoria a elaboración dixital dos traballos, os autores deber portar o correspondente soporte dixital ou
similar con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos (formato editable), as fontes empregadas e, si fose
o caso, os orixinais das imaxes en formato JPEG ou outros de uso público.
- Non se establecen límites na composición artística dos carteis, quedando á total liberdade dos seus autores a elección
de cores e o número destes, representacións gráficas, motivos pictóricos, etc.
- Texto que se debe incluír:
   40 FEIRA DO GRELO
   22-23 de febreiro de 2020
   As Pontes
- Logos
O cartel deberá levar o escudo do Concello das Pontes e o logo de cultura (ambos serán proporcionados polo Concello
das Pontes).
- Lema:
O traballo presentado en formato dixital levará un lema que servirá para preservar a identidade do autor ata o fallo do
Xurado.

Premio: 750 euros.

Os traballos presentaranse ou enviaranse debidamente embalados ao seguinte enderezo:
   Concello de As Pontes
   Concurso de carteis Feira do Grelo 2020
   Parque Municipal s/n
   15320 As Pontes de García Rodríguez
   A Coruña

Prazo:  ata o 27 de xaneiro de 2020

Máis información no BOP da Coruña do 13 de xaneiro e en www.aspontes.org