Teleformación de Espazo Coop

14 Xan 2020

A Unión de Cooperativas ESPAZO COOP inicia a súa oferta de cursos nas modalidades de Teleformación e Teleformación mixta 2020, lanzado 3 cursos con inicio no mes de Febreiro que teñen carácter gratuíto e están no marco da programación de actividades da Rede Eusumo para o ano 2020.

A formación está dirixida a socias e socios de cooperativas; persoas asalariadas de cooperativas; persoas socias e traballadoras noutras entidades de economía social; e público interesado en xeral.

Modalidade Teleformación. Formación a través de internet.

Iniciación á Cooperativa de Traballo Asociado
Do 4 ao 25 de Febreiro de 2020. 40 h.

Responsabilidad Social Empresarial nas Cooperativas
Do 4 ao 25 de Febreiro de 2020. 40 h.


Modalidade Teleformación Mixta. Unha parte da formación é teleformación a través de internet, e outra parte é formación presencial (2 sesións).

Asembleas e Reunións
Do 12 de Febreiro ao 18 de Marzo de 2020. 40 h.

Estes cursos foron presentados ante a Consellería do Mar para a súa inclusión no Catálogo de Actividades Formativas do baremo no marisqueo a pé, a vara e recursos específicos, e son baremables.

Estas accións formativas enmárcanse no programa de actuación 2020 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Máis información na web de Espazo Coop