Bolsa de formación no Consello Galego de Consumidores e Usuarios

13 Xan 2020

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca unha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 € brutos por mes.
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2020 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira ata o 30 de decembro de 2020.

Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a ou de graduado/a, en Dereito e ter rematados os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior.
Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co formulario IN118A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2020

Máis información:
Instituto Galego do Consumo e da Competencia, teléfonos 981 545 545 e 981 545 416 e en http://consumo.xunta.gal
DOG do 13 de xaneiro de 2020.