Bolsa de formación na Escola Galega do Consumo

13 Xan 2020

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca unha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo.
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 € por mes.

Requisitos:
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: márketing e comunicación dixital, publicidade, xornalismo, comunicación, márketing, relacións e comunicación institucional ou equivalente. A persoa solicitante deberá estar en posesión do correspondente título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter finalizados os estudos conducentes para a súa obtención no ano 2007 ou posterior.
Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co formulario IN117A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2020

Máis información:
Instituto Galego do Consumo e da Competencia, teléfonos 981 545 545 e 981 545 416 e en http://consumo.xunta.gal
DOG do 13 de xaneiro de 2020.