Subvencións ao deporte

10 Xan 2020

A Secretaría Xeral para o Deporte convoca subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Requisitos: clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR945C
Máis información no DOG do 10 de xaneiro de 2020 e en  http://deporte.xunta.es