Cooperativa xuvenil. Programa Aprol-economía social. Fomento do emprendemento en economía social

10 Xan 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas económicas coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou en proba. Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
A contía da subvención ascenderá un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
Dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.
A contía da subvención ascenderá un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Persoas e entidades beneficiarias
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
b) As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2020.
Máis información no DOG do 10 de xaneiro de 2020 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/