Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Ourense da Escola Aventeira

10 Xan 2020

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.

Lugar: Academia Ganeda. Rúa Pablo Picasso 3. Ourense (agás algunhas actividades que terán lugar no exterior, na cidade da Ourense e nos seus arredores, e unha acampada).

Duración: 200 horas da fase teórico-práctica e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Teléfono: 722 349 497/ 722 349 493
Correo electrónico:  escola@aventeira.com
Prezo e prazo de inscrición: 205 euros ata o día 20 de xaneiro. 215 euros ata o día 27 de xaneiro.

Formulario de inscrición e máis información: https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/