Reto emprendedor: Só en casa: ideas para previr a soidade das persoas maiores

09 Xan 2020

Participa no reto de innovación disruptiva dirixido a mozas de entre 16 e 24 anos. Durante 180 minutos, traballarás en equipo para atopar ideas que resolvan o reto: «Só en casa: ideas para previr a soidade das persoas maiores» usando un método que fomentará a túa creatividade e o teu espírito emprendedor. Axudaranche a obter o teu máximo potencial. Inscríbete nesta actividade, que te achegará á innovación e ao pensamento creativo para ser máis competente e poder transformar a sociedade na que queres vivir.

Venres 28 de febreiro. 12:30 h
Centro Ágora. Lugar  Gramela, 17. A Coruña

A partir das 12:30 h celebrarase a parte final do reto e terás a oportunidade de asistir en directo ao acto de proclamación do Premio FPdGi Social 2020 que terá lugar tras a reunión do xurado e en presenza de diferentes autoridades e personalidades do mundo social. O acto contará coa participación do xornalista e humorista Juan Carlos Ortega, do emprendedor Xavier Verdaguer e de premiados da  FPdGi.

https://es.fpdgi.org/p20/upload/descubre-nuestro-reto.pdf