Máster en EE.UU.

09 Xan 2020

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 12 axudas para a realización de estudos de Máster en Universidades de Estados Unidos de América para o curso 2020-2021.

As persoas solicitantes han de estar en posesión ou en condicións de obter un título de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente, debendo concluír os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. Os estudantes que estean a finalizar os estudos no curso 2019-2020 non poderán participar na convocatoria. O expediente académico debe ter unha nota media, na escala 0-10, igual ou superior a 7 puntos e ha de acreditarse cursar como mínimo 240 créditos.

Outros requisitos:
Nacionalidade española ou de calquera país da Unión Europea.
Non gozar bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses.
Non obter ningunha titulación superior emitida por universidades de EE.UU., nin estar a realizar estudos de posgrao ou proxectos de investigación  predoctoral en EE.UU.
Non finalizar ningún doutoramento.
Non gozar unha bolsa  Fulbright de ampliación de estudos de posgrao.
Non estar a residir en EEUU no período inmediatamente anterior ao goce da axuda.
Excelente coñecemento do idioma inglés.
Solicitar a admisión para os estudos de  Master nunha universidade ou institución de Educación Superior de Estados Unidos. Só se considerarán solicitudes en institucións acreditadas polo O.S. Department of Education para impartir programas de máster.

Contía:
Dotación mensual de 2.220 €.
Unha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas por importe máximo de 20.000 €.
Dotación de 1.500 € para gastos de viaxe de ida e volta, financiada con cargo á Comisión  Fulbright.
Seguro de accidentes corporais e de asistencia sanitaria

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2020

Máis información no BOE do 8 de xaneiro de 2020

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/universidad/master/becas-master-humanidades-eeuu.html