Bolsas de formación no Museo do Prado

02 Xan 2020

O Museo Nacional do Prado convoca tres bolsas Fundación Iberdrola-Museo do Prado de formación e investigación en restauración: dúas bolsas á especialidade de Restauración de Pintura e unha bolsa ao Servizo de Documentación Técnica

Requisitos:
- Restauración de Pintura: Grao Universitario en Conservación Restauración de Bens Culturais, Licenciatura en Belas Artes, especialidade ou itinerario curricular en Conservación Restauración, Título superior, Grao ou equivalente, en Conservación Restauración de Bens Culturais, especialidade pintura. Será válido o Título universitario obtido en calquera país da Unión Europea. Os expedientes académicos cunha nota media inferior a notable serán desestimados.
- Servizo de Documentación Técnica: Grao Universitario na área das Artes e as Humanidades con formación en imaxe dixital ou Grao Europeo en Ciencias para a Conservación e Restauración de Patrimonio Cultural. Os expedientes académicos cunha nota media inferior a notable serán desestimados.
- Finalizar os estudos conducentes á obtención do título esixido con posterioridade a xaneiro de 2015.

Prazo: 30 de xaneiro de 2020
Máis información no BOE do 24 de decembro de 2019