Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación e Cultura

02 Xan 2020

Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación e Cultura

Bolsas para a Real Academia de España en Roma
O obxecto do programa é a concesión de bolsas individuais para o financiamento de proxectos de excelencia.
No caso de proxectos colectivos, só poderá gozar da bolsa un integrante do mesmo, preservándose os dereitos de autor do colectivo.

Tipos de proxectos:
- Proxectos artísticos ou de creación.
- Proxectos de investigación vinculados con Roma ou coa propia Academia
Disciplinas:
- Artes Visuais: Pintura; Escultura; Gravado; Cómic; Fotografía; Arte, Novas Tecnoloxías e  Videocreación
- Artes aplicadas: Deseño, Deseño Gráfico e Deseño de Moda
- Artes escénicas
- Literatura (Bolsa Valle-Inclán)
- Cinema
- Música e  musicología
- Arquitectura
- Conservación e restauración de bens culturais: patrimonio artístico e cultural, material e inmaterial
- Arquivística, biblioteconomía e documentación
- Estudos académicos: Historia da arte e Estética: teoría, filosofía e crítica de arte.
- Museoloxía, comisariado e mediación artística
- Gastronomía: creatividade e innovación das técnicas culinarias
Requisitos:
- Artista ou creador de demostrable traxectoria en áreas afíns as especialidades.
- Investigador en áreas afíns a algunha das especialidades.
Prazo: Do 13 ao 27 de xaneiro de 2020


Programa de bolsas de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas, centros culturais de España e na  AECID.

Requisitos:
- Idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2020.
- Posuír un título universitario, preferentemente nalgunha das áreas afíns ás bolsas.
- Posuír coñecementos do idioma do país de destino, ou do idioma de comunicación no devandito país.
Prazo: Do 20 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2020.


Bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina

Os bolseiros desenvolverán a bolsa nun dos Centros de Formación, situados en Cartaxena de Indias (Colombia), La Antigua (Guatemala), Montevideo (Uruguai) e Santa Cruz de la Sierra (Bolivia)

Requisitos:
- Idade non superior a 27 anos o 31 de decembro de 2020.
- Posuír un título universitario, preferentemente nalgunha das áreas afíns ao programa.
Prazo: Do 20 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2020

Bolsas de colaboración formativa nas sedes das Academias asociadas á Real Academia Española (RAE).

Ter a nacionalidade dun de seguintes países: Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Filipinas, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
Prazo: Do 13 ao 27 de xaneiro de 2020


Bolsas para o Colexio de Europa (Campus de Bruxas-Bélxica e  Natolín-Polonia)

Bolsas a mozos graduados para a realización dun dos seguintes estudos ofertados polo Colexio de Europa:
- Máster en Estudos Económicos Europeos.
- Máster en Integración Económica Europea e Negocios.
- Máster en Dereito Europeo.
- Máster en Estudos Políticos e Administrativos Europeos.
- Máster en Relacións Internacionais da U.E. e Estudos Diplomáticos.
- Máster en Estudos Interdisciplinares Europeos.
Requisitos: Ser preseleccionado polo Colexio de Europa.
Prazo: Do 9 ao 23 de marzo de 2020.

Bolsas de formación musical de excelencia na Escola Superior de Música Raíña Sofía (ESMRS)

Novos talentos da carreira de piano, violín, viola, violoncelo, contrabaixo, oboe, trompa, trompeta, clarinete,  fagot, frauta ou canto, procedentes dos países incluídos nas estratexias bilaterais do V Plan Director da Cooperación Española.
Prazo: Do 13 ao 27 de abril de 2020

Máis información no BOE do 24 de decembro de 2019 e en www.aecid.gob.es e www.raer.it

https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=345b