SERGAS-Concurso-oposición para persoal sanitario de formación profesional.

26 Dec 2019

 

Concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

 

O Servizo Galego de Saúde convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia.

 

O prazo para a presentación das solicitudes de participación iniciarase o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xaneiro de 2020.

 

Máis información: DOG Núm. 245Xoves, 26 de decembro de 2019