Lectorados en Universidades estranxeiras

19 Dec 2019

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 137 prazas de Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2020/2021

Requisitos:
- Cidadáns españois, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado.
- Solicitantes de renovación de lectorado: Cidadáns españois que ostenten a condición de lector MAEC- AECID por un período consecutivo inferior a tres cursos académicos na mesma universidade.
- Titulación superiores nalgunha destas disciplinas: Español, Filoloxía, Literatura, Linguas, Humanidades, Tradución, Interpretación ou Lingüística.

As axudas consisten en:
- dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino
- axuda de viaxe de incorporación de acordo co país de destino
- seguro de asistencia en viaxe e de accidentes durante o período de vixencia da axuda
- ata 200€ para a adquisición de material didáctico para o ensino do español
- bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa de  lectorados.

Prazo de solicitude:  do 13 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2020.
As solicitudes terán que ser cumprimentadas debida e enteiramente en español, no formulario correspondente, por vía telemática, conformado en www.aecid.gob.es

Máis información: http://www.aecid.es/ES/becas-y-lectorados/convocatorias-maec-aecid/lectorados