Programa de Bolsas Bogliasco

18 Dec 2019

As bolsas outórganse a persoas con talento, sen distinción de nacionalidade, idade, raza, sexo ou relixión, que realicen traballos creativos nas seguintes disciplinas: artes visuais, arqueoloxía, arquitectura, danza, estudos clásicos, cinema ou vídeo, historia, literatura, filosofía, música e teatro.

Nas disciplinas artísticas, o centro de estudos acolle a persoas que realicen tanto traballos creativos como académicos. Cada semestre pódense presentar candidaturas en inglés, francés, italiano e español a través da páxina da Fundación. Cada ano outórganse aproximadamente 60 bolsas dun mes de duración.

Condicións do programa
Durante o seu mes de residencia, os/as participantes contan con dormitorios con baño privado, pensión completa, e espazos privados de traballo nunha das dúas vilas (Villa  dei  Pini ou Villa  Orbiana). Todas as comidas realízanse en común, e cada noite os/ as participantes reúnense para unha cea formal con cociña típica da rexión  Liguria. Espérase que as residencias xeren publicacións ou exhibicións, pero os/ as participantes de  Bogliasco non teñen requirimentos de traballo específicos ou presentacións formais obrigatorias.

Os/as participantes teñen que asumir o custo da viaxe de ida e volta ao Centro de Estudos. Poden estar acompañados/as das súas parellas ou cónxuxes, que abonarán unha cota diaria.

Requisitos dos solicitantes
- Demostrar logros significativos nas súas disciplinas, de acordo coa súa idade e experiencia.
- A Fundación dará preferencia aos solicitantes que poidan sentirse máis cómodos traballando nunha comunidade internacional e multilingüe de académicos e artistas.
- Permanecer no Centro de Estudos durante a súa residencia e traer consigo os materiais que necesiten para completar o seu traballo.
- Teñan, como mínimo, un nivel de inglés conversacional para comunicarse nesta comunidade internacional, na que o inglés adoita ser a lingua en común.

Prazos para solicitar
- 15 de xaneiro de 2020, para o semestre de outono-inverno (setembro - decembro).
- 15 de abril de 2020, para o semestre de primavera (febreiro - maio).

https://www.bfny.org/es/quienes-somos/programa-de-becas-bogliasco