Bolsas da Universidade de Glasgow

18 Dec 2019

A Universidade de Glasgow convoca un programa de bolsas para estudar o máster Erasmus Mundus EUROSUD durante o próximo curso 2020/2021. Trátase dun programa de estudos en Estudos do Sur de Europa (EUROSUD) orientado a estudantes que desexan adquirir unha sólida base en asuntos internacionais.

Requisitos:
Estudantes universitarios que procedan de calquera país do mundo, aínda que non se outorgarán máis de tres bolsas coa mesma nacionalidade.

Prazo:  Poderanse presentar solicitudes ata o 31 de xaneiro de 2020.

https://www.gla.ac.uk/postgraduate/erasmusmundus/eurosud/scholarships/