Bolsas para estudar en China

18 Dec 2019

O Ministerio de Educación da República Popular China, de acordo co Convenio Bilateral subscrito co Goberno Español, convoca 10 novas bolsas e 8 de renovación para o curso académico 2020-2021.

As modalidades de bolsas son as seguintes:
- Programa de Grao.
- Programa de Máster.
- Programa de Doutoramento.
- Programa do Curso de Chinés.
- Programa de Estancia de Investigación.

Requisitos:
Persoas de nacionalidade española ou dun país da Unión Europea que acrediten a súa residencia en España e que cumpran cos requisitos específicos esixidos para a modalidade de bolsa escollida.

Prazo: Poderanse presentar solicitudes ata o 21 de xaneiro de 2020.

http://www.campuschina.org

http://sepie.es/internacionalizacion/convocatorias.html