Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre no Grove

17 Dec 2019

O Concello do Grove, a través da concellería de Xuventude, organiza un curso de monitor de tempo libre que durará dende o 18 de xaneiro ata o 29 de marzo durante os sábados e domingos en horario de 900-14.00 h e de 15.00-20.00 horas.

O curso ten un coste de 200 € (grazas á axuda municipal) e o prazo de incrición está aberto ata o 9 de xaneiro. Os que desexen participar deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, ubicada no 2º andar da Casa do Concello.

As clases constan dun total de 200 horas teórico-prácticas e de 150 horas  prácticas.
O curso está homologado pola Xunta de Galicia e será impartido pola Escola de Tempo Libre Balea e para a súa celebración precísase dun mínimo de 12 alumnos.
Entre os obxectivos figura capacitar aos participantes para detectar as necesidades de intervención no tempo libre dun grupo reducido de persoas, conectándoo co seu medio; animar, dinamizar e facilitar o desarrollo dun grupo de persoas, entre oturas.

OMIX do Grove. Teléfono 986 730 609. omix@concellodogrove.es