Encontro de Correspondentes Xuvenís

17 Dec 2019

Durante a fin de semana do 13, 14 e 15 de decembro desenvolveuse no complexo xuvenil As Mariñas o I Encontro de correspondentes xuvenís no que participaron máis de 250 mozas e mozos de toda Galicia inscritos neste programa. Alí poideron compartir experiencias e comprobar como organiza cada centro a difusión da información entre as súas compañeiras e compañeiros. Ao Encontro asistiu a Directora Xeral de Xuventude, Crsitina Pichel.

Durante esta fin de semana os participantes poideron participar en distintos obradoiros para o deseño dunha curtametraxe ou o uso responsable das redes sociais, así como actividades de ocio como xogos cooperativos, stop motion, lipdub ou danzas do mundo e expresión corporal.

Mediante esta iniciativa, a Consellería de Política Social facilita unha rede xuvenil para que a mocidade poida difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil, sobre todo aqueles programas que a Xunta de Galicia ofrece aos mozos e mozas galegas. Durante este curso 2019/2020 o número de correspondentes supera os 850. Trátase dunha cifra similar á rexistrada durante o curso pasado.

Estes correspondentes reciben gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes. Ademais, recoñéceselles mediante un certificado de educación non formal expedido pola Administración autonómica o tempo dedicado ás actividades como persoas voluntarias.

Máis fotos do Encontro

C 26C 28E 5E 7E 11E 12E 13E 18E 21E 22E 23E 27E 30E 32E 33E 38E 40E 43E 46E 47E 51E 52E 53E 56E 58E 60E 72E 74E 75E 81E 82E 83E 84E 87E 90C 33C 37C 50C 54C 61C 65C 68E 1E 2

C 7C 11C 22