FIN DE SEMANA DE ESQUÍ CO TEU CARNÉ XOVE
Queres pasar un fin de semana esquiando en Manzaneda?... Só tes que coller o teu carné xove e participar neste sorteo.
Sorteamos un pack para 2 persoas para a tempada de inverno, na Estación de Montaña de Manzaneda.
O pack inclúe:
- 2 noites en habitación dobre en pensión completa, en Oca Manzaneda.
- 2 días de forfait.
- 2 días de alugueiro de material de esquí.
Datas: En temporada de inverno, segundo dispoñibilidade.
Podes participar enviando este formulario desde o luns, 16 de decembro ata as 9.00 h do xoves, 9 de xaneiro.
GAÑADOR:
Miguel Trillo Aguado.