Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro

12 Dec 2019

A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a 31ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.

A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos oficiais de Máster con dedicación a tempo completo.

Os obxectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, unha comunidade excepcional que acada o milleiro de profesionais de múltiples disciplinas en todo o mundo.

A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000 euros anuais e poderá aplicarse total ou parcialmente aos seguintes conceptos:
- Matrícula no centro de destino.
- Dotación inicial única de 1.000 euros en concepto de viaxe e instalación, que se abonará o mesmo mes de inicio do curso académico no centro de destino.
- Asignación mensual de 1.600 euros en concepto de aloxamento e manutención, que se abonará conforme ao calendario académico do centro de destino.

Requisitos:
Nacionalidade española.
Ter unha vinculación con Galicia, entendendo que existe tal vinculación cando concorra polo menos un dos seguintes supostos:
- Solicitantes nados na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Solicitantes cun proxenitor nado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Solicitantes empadroados nalgún dos concellos da Comunidade de Autónoma de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
- Os/ as solicitantes deberán estar en posesión dun título universitario oficial
- Os solicitantes deberán inscribirse en estudos conducentes á obtención dun título oficial de Máster e que se realicen en modalidade presencial, continua, diúrna, a tempo completo e no estranxeiro.
- Os solicitantes deberán acreditar un nivel mínimo de inglés e do idioma de traballo do centro de estudos de destino, cando devandito idioma non sexa o inglés, equivalente ao  B2.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata as 12:00 horas do 10 de febreiro de 2020

http://www.fundacionbarrie.org/files/WEBFB/2019-12/9-9-20-14.44.BPE-2020_BASES.pdf