Nova convocatoria de Erasmus+ para 2020

12 Dec 2019

Erasmus+ é o programa da Comisión Europea nos ámbitos da educación e a formación, a mobilidade de mozas e mozos e o deporte para o período 2014-2020.

As entidades públicas ou privadas que traballen coa mocidade poderán solicitar financiamento, pero tamén poderán facelo os propios mozos/as implicados en proxectos relacionados coa mobilidade de estudantes ou traballadores e as asociacións estratéxicas, estean ou non integrados en organizacións xuvenís.

As roldas de presentación de candidaturas finalizarán o 5 de febreiro, o 30 de abril e o 1 de outubro e os proxectos poñeranse en marcha a partir do 1 de maio. Pódense consultar aqueles que resulten aprobados na Plataforma de Resultados:
https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/projects_es

Todos os detalles da convocatoria atópanse na guía publicada pola Comisión Europea:
https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/documents/erasmus-programme-guide-2020_es