XVII Concurso de debuxo, Defensor do Pobo

12 Dec 2019

Co fin de promover o coñecemento dos Dereitos Humanos entre os escolares españois, o Defensor do Pobo de España, coa colaboración da ONG Globalización dos Dereitos Humanos, convoca o  XVII Concurso escolar de debuxo, Defensor do Pobo 2019-2020.

Para poder participar no concurso cada alumno deberá presentar un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, relativo aos dereitos humanos. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4.

Para identificar perfectamente todos os traballos, os debuxos deberán levar pegado ou grampado un sobre en cuxo exterior se faga constar Concurso Defensor do Pobo 2019-2020 e o curso no que estea matriculado o concursante e en cuxo interior debe figurar o nome e apelidos do concursante, a súa idade (en caso de ser menor deberá acompañar unha autorización dos seus pais ou titores para participar, segundo formulario que se acompaña), curso e centro no que está matriculado, así como o teléfono do centro ao que pertence.

Os premios serán entregados en Madrid polo Defensor do Pobo.

Os traballos candidatos ao premio faranse chegar antes do 4 de abril de 2020, á seguinte dirección postal: Apartado de correos 15020 - 46018 Valencia.

Requisitos
Poderán participar todos os alumnos de ensinos Primaria e Secundaria de España, así como de Educación Especial.

Dotación
Establécense tres premios para Primaria e tres para Secundaria (ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio) e un para Educación Especial, consistentes nun computador portátil para cada gañador. Os premiados tamén recibirán do Defensor do Pobo unha axuda económica para o seu desprazamento a Madrid a recoller o premio. O xurado poderá conceder accésits para Educación Especial e as mencións honoríficas que considere oportunas, así como declarar deserto calquera dos premios.

Os centros educativos con alumnos premiados recibirán un diploma de recoñecemento.

https://www.defensordelpueblo.es/edicion-premio/xvii-edicion-concurso-escolar-dibujos/?seccion=bases&edicion=xvii.%20curso%202019-20