Se es orixinal, es de libro

12 Dec 2019

O concurso "Se es orixinal, es de libro" é unha das iniciativas do programa "É de Libro", organizado polo Centro Español de Dereitos  Reprográficos (CEDRO).

Este concurso propón a elaboración de traballos de investigación orixinais, realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional, sobre un tema do seu interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cinema, deportes, filosofía e pensamento, tecnoloxías, matemáticas...

Os traballos poderanse presentar a concurso en todas as linguas oficiais de España. Presentaranse unicamente en formato dixital en liña. Para iso os autores publicarán o seu traballo nalgunha plataforma da súa elección (web ou blogue propio en  Blogger, Wordpress, Blogia, Blogspot…; plataformas de publicación en liña, en distintos formatos: Scribd, Paper.li, Flickr, Prezi,  VoiceThread, Youtube, Tumblr...) e comunicarán aos organizadores do concurso a dirección URL na que está aloxado.

Establécense tres categorías de premios:
- 1º e 2º de ESO.
- 3º e 4º de ESO.
- Bacharelato / ciclos formativos de grao medio.

En cada unha destas categorías premiarase a mellor investigación de Ciencias e a mellor investigación de Humanidades.

Requisitos
Estudantes de ESO, Bacharelato ou ciclos formativos de Grao Medio nun centro educativo de calquera comunidade autónoma de España.

Premios
- Para cada un dos alumnos gañadores:  un cheque regalo de 60 euros para a compra de libros. Unha tableta dixital.
- Para cada un dos profesores que coordinasen as investigacións gañadoras:  un cheque regalo de 100 euros para a compra de libros. Unha tableta dixital.
- Para centros:  un cheque regalo de 300 euros para a compra de libros para a biblioteca escolar dos centros gañadores.

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 27 de marzo de 2020

Todos os participantes recibirán un diploma dixital, enviado ao profesor coordinador, no que se certificará a súa participación no concurso. Os equipos cuxos traballos fosen designados como finalistas (ata dez por cada categoría) recibirán unha mención especial do xurado.

http://www.esdelibro.es/docs/default-source/2020_documentos/edl_bases_2020.pdf?sfvrsn=12